9/07/09

Día do Carme

O vindeiro xoves 16 de xullo, a Aula permanecerá pechada pola festividade do día do Carme.

17/06/09

Horario de verán

Desde o 22 de xuño e ata o 1 de setembro, o horario de atención ao público será o seguinte:
  • Biblioteca: 11.00 - 13.40 horas
  • Secretaría: 09.00 - 13.40 horas
O mes de agosto a Aula permanecerá PECHADA.

3/06/09

Acto de clausura e entrega de diplomas

O vindeiro xoves 11 de xuño, ás 20.00 horas, terá lugar a entrega de diplomas e o acto de clausura do presente curso 2008/2009. Despois haberá un viño galego. De asistirdes, confirmádeo no teléfono 982 133 699 de 10 a 12 e de 16 a 21 horas.

21/05/09

Cursos de verán

Entre o 6 e o 17 de xullo vai ter lugar a vixésima edición dos cursos de verán da UNED. Como vén sendo xa habitual, na Aula Universitaria de Viveiro ofertan varios destes cursos: Para obter máis información, visitade esta páxina web.

27/04/09

Información dos exames do CAD

No centro da UNED de Lugo os exames do Curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos terán lugar o domingo 24 e o sábado 30 de maio. Ámbolos dous días haberá dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, tal e como se recolle neste documento.
  • DÍA 24 DE MAIO, DOMINGO
    • QUENDA DE MAÑÁ: apelidos que comecen do A ao L
      • Lingua española 9:00 a 10:00 h.
      • Comentario de texto 10:30 a 11:30 h.
      • Idioma 12:00 a 13:00 h.
    • QUENDA DE TARDE: apelidos que comecen do M ao Z
      • Lingua española 16:00 a 17:00 h.
      • Comentario de texto 17:30 a 18:30 h.
      • Idioma 19:00 a 20:00 h.
  • DÍA 30 DE MAIO, SÁBADO
    • QUENDA DE MAÑÁ: apelidos que comecen do A ao L
      • Optativa (grupo II) 9:00 a 10:00 h.
      • Matemáticas básicas ou especiais 10:30 a 11:30 h.
      • Optativa (grupo III) 12:00 a 13:00 h.
    • QUENDA DE TARDE: apelidos que comecen do M ao Z
      • Optativo (grupo II) 16:00 a 17:00 h.
      • Matemáticas básicas ou especiais 17:30 a 18:30 h.
      • Optativa (grupo III) 19:00 a 20:00 h.
Para obter unha información máis detallada, visitade o enlace.

2/04/09

Espazo europeo de educación superior (EEES)

Se eres estudante dalgunha das titulacións oficiais que ofrece a UNED, agora xa podes consultar o recoñecemento de créditos entre os estudos actuais e os novos graos. Se aínda non te matriculaches, consulta aquí por que pode ser un bo momento.

Horario de semana santa

A próxima semana a Aula da UNED de Foz abrirá as súas portas no horario que recolle o seguinte gráfico:

Luns 6

Martes 7

Mércores 8

Biblioteca

10-14 horas

10-14 horas

10-14 horas

Secretaría

9-14 horas

PECHADO

PECHADO

As titorías retómanse o martes 14, no seu horario habitual.